baiona.org

Noticias

« Atrás

O Concello de Baiona incrementa a súa seguridade con coa incorporación de dous novos policías

O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, deu a benvida aos dous novos axentes de policía municipal que desde esta semana pasan a formar parte do persoal en activo da xefatura de policial de Baiona, tras completar o seu período de formación na academia. As prazas foron cubertas polo sistema de acceso en quenda libre e mediante o sistema de oposición.

“As novas incorporacións supoñen unha maior presenza policial nas nosas rúas e, por tanto, unha contribución á mellora da calidade de vida dos cidadáns de Baiona”, declarou o Alcalde, Anxo Rodal.

O persoal da Policía Local estaba composto por un Inspector-Xefe, un Oficial e trece axentes aos que se suman as dúas novas incorporacións.

 

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA     

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org  


 

compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)