baiona.org

Noticias

« Atrás

Baiona incrementa o presuposto hata os 8,6 millóns de euros

O Concello de Baiona aprobou de forma inicial este xoves un orzamento para o ano 2018 de 8,617.716,79€, o que supón un 1%máis que os orzamentos aprobados no pasado exercicio.

O documento orzamentario aprobouse cos votos do grupo municipal do Partido Popular, co voto de calidade do Alcalde, despois de que a Tenente de Alcalde, María Igrlesias, fixese unha pormenorizada exposición das partidas.

Durante a exposición destacou o aumento dun 70 %na partida destinada á prestación de servizo de axuda a domicilio para persoas con dependencia, pasando dos 130.000 do ano pasado aos 220.000, “para cubrir o incremento de horas que outorgou a Xunta e mellorar as condicións. Do mesmo xeito, ampliarase o horario a xornada completa dunha das traballadoras sociais para dotar o departamento dun maior servizo ao cidadán”.

Outro dos capítulos destacados é o dedicado ao persoal do Concello: “Existe un compromiso do equipo de goberno cos traballadores polo que se dedicará unha partida para a aplicación progresiva da futura Relación de postos de traballo, unha vez que a mesma sexa aprobado, dotarase cunha consignación de 100.000 euros. Ademais, prevese un importe de 39.059,01 € para aumentar un 1,5% as retribucións dos empregados públicos”, matizou Rodal.

Tamén se recolle a creación de novas prazas e a inclusión de 8 profesores da escola municipal de música no persoal.

“Estamos ante unhas partidas municipais realistas, uns orzamentos que buscan a mellora dos servizos públicos. Non é casualidade o bo funcionamento do Concello, estou moi orgulloso do equipo de goberno e dos funcionarios”, afirmou o alcalde, Ángel Rodal.

No documento orzamentario preséntanse uns investimentos que alcanzan os 167.605,53€, con importante cantidade dedicada á redacción dos plans urbanísticos para os núcleos de Belesar e Morade (50.000€), accesibilidade (25.000 euros), mobiliario biblioteca (25.000 €), mobiliario urbano (20.000€), plan de melloras de camiños municipais (10.000€), eficiencia enerxética (10.000€), capítulo este último no que o Concello aforrou nos últimos 8 anos 100.000 € grazas ás medidas adoptadas, compra maquinaria limpeza de rúas (10.000 €), reformas diversas inmobles (7.000 €(, substitución de vela da Carabela Pinta( 6.500 € ), Restauración patrimonio (2.650€) e equipamento mobilirio e informático para as oficinas da Casa Consistorial (20.000€).

“Hai que sinalar que o investimento para executar, será superior, xa que o equipo de goberno do Concello de Baiona destinará os 625. 000 € do Plan Provincial de Obras e Servizos 2018 a este labor. O 90% destes investimentos executarase nas parroquias. Ademais, están a redactarse proxectos para a súa execución ao longo deste ano, como, por exemplo: a instalación dun novo parque infantil na Palma, o camiño do céspede artificial do campo do Aral, ou a obra de mellora da mobilidade peonil en Baredo Loureza”, destacou o alcalde.

Nos orzamentos tamén se recolle un incremento de 20.000 € na achega do Concello de Baiona á Mancomunidade dos Concellos do Val Miñor, co obxectivo de dotar de consignación a unha futura aprobación do convenio colectivo do persoal laboral da Mancomunidade e mellorar as súas condicións laborais do GES.

Así mesmo, o documento tamén sinala que o Concello de Baiona está á cabeza dos municipios que antes pagan a súa débeda, é o terceiro dos concelllos en pagar as facturas, é dicir que paga antes de que finalice o prazo legal establecido para iso, 27 días antes do prometido.

Durante a sesión plenaria, tamén se aprobou por unanimidade outra moción grupo municipal do PP, PSOE, BNG e Esquerda Unida solicitando a suspensión da Peaxe do Val Miñor e pola que o Concello de Baiona dirixirase á Conseller´ çia de Infraestruturas e Vivenda para solicitarlle a suspensión inmediata e definitiva da AG-57. Tamén aprobou por maioría unha moción do grupo municipal do Partido Popular, BNG e Esquerda Unida na que se mostra o apoio á moción presentada a instancia de SOS MOSTEIRO, plataforma en defensa do Mosteiro de Oia, por lamentable situación na que se atopa o Conxunto histórico Artístico do Mosteiro de Oia e na que se insta a actuar neste sentido.

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA     

REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.org  

compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)